Lección maxistral |
Exposición teórica dos contidos da materia. |
Seminario |
O estudantado traballa por equipos, guiados por un plan de traballo, na elaboración dun taller filosófico, dentro do marco "Talleres de Filosofía Aplicada en Contextos Penitenciarios e Centros de Menores". Os grupos presentarán os seus talleres e compartirán os mesmos dentro da proposta de Aprendizaxe Servizo (APS) “Educar na diversidade, transformar a sociedade”. |
Aprendizaxe-servizo |
Dentro do APS "Educar na diversidade, transformar a sociedade", formularase o proxecto "Talleres de Filosofía aplicada en contextos penitenciarios e centros de menores".
O alumnado asistente participará, de forma activa e responsable, nas actividades asociadas ao proxecto, a saber: 1) colaborar con entidades externas e institucións; 2) realizar saídas de campo.
O alumnado non asistente realiza o taller de xeito individual, sen seguir a metodoloxía de APS e aprendizaxe cooperativa. |