Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Os criterios de avaliación son os seguintes:
- O resumo inclúe os compoñentes esenciais. Estrutura do TFG
coherente, exposición clara e corrección lingüística.
- Fundamentación teórica/Estado da cuestión/ Lexislación (de ser o
caso)
- Relevancia para o ámbito da profesión e achegas persoais.
- Obxectivos e adecuación metodolóxica.
- Presentación, descrición, ilustración e, de ser o caso, interpretación
dos resultados.
- Suficiencia, interese e actualidade da bibliografía. Uniformidade de
citas e referencias e correspondencia entre elas.
- De ser o caso, as conclusións e discusión son coherentes cos
obxectivos/preguntas de investigación/hipótese e cos resultados.
70 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C61
C62
C63
C64
C65
C66
C67
C68
C69
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D20
D21
D22
D23
Presentación Os criterios de avaliación son os seguintes:
Selección, equilibrio e organización do contido na presentación oral.
Competencia comunicativa oral e emprego axeitado do vocabulario,
así como dos recursos informáticos.
Respostas ás cuestións formuladas polos membros da comisión de
avaliación.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C61
C62
C63
C64
C66
C67
C68
C69
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D11
D12
D13
D14
D15
D17
D18
D19
D20
D21
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
TFG será presentado e defendido polo seu autor ou autora diante dun tribunal unipersoal que estará constituido pola persoa titora do TFG. A cualificación (de 0 a 10) realizarase de xeito motivado seguindo os criterios establecidos na rúbrica de avaliación contemplada na Guía Didáctica do TFG.

O TFG debe cumprir necesariamente cos seguintes requisitos: (1) ser un traballo persoal e orixinal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa orixe, (2) respetar a extensión mínima e máxima permitida (5.000-10.000 palabras) e (3) incluir un apartado de resultados empíricos.

Aqueles estudantes que non superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda convocatoria no mes de xullo. As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade. No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ou segunda convocatoria, o tribunal unipersoal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000