Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade intelectual
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen
Lección maxistral, traballos ou casos prácticos, actividades de aula e exame

* Metodoloxías docentes que se modifican
As leccións maxistrais, o seguemento dos casos prácticos e as actividades de aula poderán verse modificadas na súa realización, entrega e avaliación establecidas inicialmente no cronograma. As leccións maxistrais serán impartidas en sesións virtuais sincrónicas. O exame realizarase en modalidade virtual na aula de referencia establecida en cada convocatoria. A plataforma de apoio á docencia será moovi con todos os seus recursos.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Despacho virtual da profesora, campus remoto, salas de profesorado, sala 40. Contrasinal facilitado previo contacto do alumnado coa profesora a través de correo electrónico (soalgi@uvigo.es).

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A dispoñible para o seguemento da materia.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non hai cambios nin nos instrumentos nin nos criterios de avaliación establecidos na guía docente ordinaria.

Probas pendentes que se manteñen:
Todas as probas propostas na guía docente para as vindeiras convocatorias, mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia, para o curso 2021-22. Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, se manteñen, tanto para o alumnado asistente, coma para o non asistente. Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero si no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos. Así, no caso de estar nunha situación de ensinanza mixta ou semipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. Se non fose posible facelas presencialmente, combinaríase a modalidade presencial coa virtual ou realizaríanse exclusivamente de forma virtual.
Se a situación é de ensinanza a distancia, todas as probas de avaliación realizaranse de modo virtual.

Probas que se modifican:
Para o curso 2021-2022, non hai modificacións nas probas de avaliación, agás no referido á modalidade de avaliación: presencial ou virtual, dependendo do escenario sanitario no que se leve a cabo a docencia.

Novas probas:
Non se prevén novas probas de avaliación.

Información adicional:
Non hai.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000