Resolución de problemas e/ou exercicios |
Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
|
10 |
Traballos e proxectos |
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
|
30 |
Aqueles estudantes que non superen algunhas das probas ou actividades suxeitas a avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo. O sistema de avaliación non establece diferencias entre alumnas/os asistentes e non asistentes As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro. Poden consultarse na web da Facultade, no espazo DATAS EXAMES http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php |