Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Literatura infantil e xuvenil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentar a materia ao estudantado.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia, así como achegas de obras literarias, materiais, estratexias, recursos, experiencias, fontes etc. Buscarase o diálogo permanente co estudantado, que asumirá unha participación activa e reflexiva.
Presentación Elaboración e presentación dos resultados das actividades propostas (mapas conceptuais, infografías, píldoras educativas, recursos....), a partir de diferentes cuestións abordadas na materia.
Cartafol/dossier Recompilación de textos e outros materiais de síntese, análise, crítica, creación, reflexión... asociados ás aulas teóricas e prácticas
Obradoiro Realización de actividades orientadas á adquisición de coñecementos e habilidades ao redor de prácticas que motiven a formación dun lector competente e o hábito lector (seleccións lectoras, lecturas dialóxicas, escritura creativa...)
Eventos científicos Asistencia a eventos que permitan coñecer con maior profundidade os axentes que conforman o sistema literario infantil e xuvenil
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000