Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Ética e deontoloxía profesional
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Saídas de estudo Visita a unha institución innovadora en Educación Democrática co fin de observar na práctica o funcionamento do modelo educativo e do rol do educador nun contexto de educación autónoma e automotivada.
Estudo de casos Análise e razonamento de casos prácticos e dilemas de ética profesional en contextos educativos.
Foros de discusión Posta en común e deliberación arredor de cuestións relativas á materia. Na maior parte destes casos a posta en común presupón o traballo individual previo das cuestións a examinar.
Traballo tutelado Desenvolvemento de prácticas especialmente deseñadas para poñer en práctica as competencias da materia a través de problemas específicos.
Seminario A dinámica de seminario impica a co-rresponsabilidade na presentación de lecturas especialmente escollidas para suscitar a reflexión sobre problemas específicos e a aportacións de cuestións e contribucións que evidencien un grao de comprensión da materia e dos problemas correspondentes.
Lección maxistral Desarrollo por parte do docente dos principais conceptos e contidos do temario, apoiado polas lecturas sinaladas e en interlocución coa clase.
Resolución de problemas Sondeo mediante técnicas de entrevista, transcripción e análise, do tipo de razoamento moral predominante respeito da ética profesional e as convencións deontolóxicas da práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000