Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación a través da entrega e exposición de exercicios.
Execución técnica adecuada de procedementos e experimentación
de carácter artístico, plástico e visual.
35 B11
C55
D1
D7
D8
D14
D18
Traballo tutelado Avaliación a través da entrega, traballos prácticos, traballos teóricos
e/ou proxectos.
Execución técnica/ conceptual adecuada de procedementos e
experimentación de carácter artístico, plástico e/ou visual
35 B3
C55
C56
D8
D9
Lección maxistral Participación activa e resolución de propostas.
Interpretación, valoración crítica e recoñecemento de contidos
propios da materia.
30 A1
B2
B3
B11
C55
C56
D1
D7
D8
D9
D14
D18
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua a través do seguimento do alumnado. Os alumnos/as que non tiveran asistido ou non cubran a
porcentaxe obrigatoria de asistencia durante o curso académico ordinario, deberán superar unha proba escrita de contidos
teóricos que lles dará dereito á valoración do resto de entregas. Para coñecer os exercicios e traballo a realizar, o alumno/a
debe contactar con antelación suficiente co profesorado responsable da materia mediante as titorías.
Terase en conta:
- Os exercicios instrumentais e traballos.
- O proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias e coñecementos.
A cualificación será numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003)
De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria
de xullo. Nesta 2º convocatoria o alumnado ten que entregar os exercicios prácticos e teóricos non superados que se fixeron durante o
curso. 

Con respecto as datas dos exames da 2º convocatoria poderán consultalos no seguinte
enlace: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes/

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o
alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000