Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación ambiental para o desenvolvemento
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases maxistrais dialogadas sobre temas de fundamentación teórica. As exposicións teóricas realizadas serán en modo presentación PowerPoint. Estas teñen por finalidade, presentar ao alumnado unha información organizada e estruturada en forma de cadros e esquemas de sínteses. Co fin de mellorar o valor didáctico deste método expositivo introduciranse elementos de motivación que inviten ao alumnado á participación, ao debate razoado e xeren un ambiente de aprendizaxe dinámica e aberto. Para que isto suceda, se incorporán paralelamente os seguintes recursos e estratexias didácticas: exploración das ideas ou coñecementos previos dos estudantes, proxección de materiais audiovisuais, comentarios de textos, animacións, etc.
Traballo tutelado O alumnado, de xeito individual ou en grupo, elabora documentos ou actividades sobre distintas temáticas da materia que incluirá un edublog. Prepara investigacións, memorias, comentarios críticos de lecturas, presentacións, vídeos, webquest, bandas deseñadas, etc. Geralmente trátase dunha actividade autónoma que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e uso das tecnoloxías da comunicación e da información (TIC).
Os temas sobre os que realizarán os traballos poden ser moi variados, pero sempre deben versar sobre a análise, deseño, aplicación ou avaliación dalgunha intervención educativa de contido ambiental. Aínda que non sempre teñen por que contemplar todas estas etapas. De forma xeral o tema e o enfoque pode ser proposto polo alumnado aínda que sempre é necesario un acordo previo coa profesora.
Os traballos poden ser individuais ou en grupo (máximo de dous estudiantes, salvo indicación da profesora).
Obradoiro O principal obxectivo será iniciar ao alumnado no sesarrollo de determinadas habilidades, capacidades e destrezas para traballar a EA nas aulas de Educación Primaria.
Os intereses dos /as estudantes, as circunstancias particulares, dificultan o poder concretar definitivamente todos os talleres que se realizarán ao longo do curso. Expomos posible talleres, dos que se escollerán como mínimo cinco cada cursos:
- Edublogs
- Glosters
- Os xogos de simulación como recurso metodolóxico na EA
- Planificación de Webquest en EA
- Reutilización e reciclaxe
- Taller de envases
- Cine e Medio Ambiente
- Planificación de campañas a favor do medio.
- Fotodenuncia comentada
- Elaboración de curtos con guión ambiental
- Debuxos e bandas deseñadas
- Reportaxes multimedia
- Curtos con guión ambiental
- Vídeos musicais con temática ambiental
- Posters científicos
- Presentacións de Medio Ambiente
- Contos, cancións, dramatizacións... para traballar en EA.
Seminario Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000