Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua e literatura: Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma Realización de actividades de diversa índole, individualmente ou en grupo, para a aplicación práctica dos contidos explicados nas clases maxistrais e a mellora da competencia escrita e lectora: lecturas e documentación sobre o traballo a realizar, análise e redacción de textos, elaboración de propostas didácticas a partir dos contidos ou conceptos explicados, resumos de lecturas, exercicios, etc.
Presentación Exposición oral sobre o proceso de preparación e/ou os resultados do traballo tutelado, para mellorar as habilidades de comunicación oral.
Traballo tutelado Elaboración dun traballo en grupo sobre contidos da materia para mellorar as competencias na redacción de textos académicos.
Lección maxistral Clases maxistrais sobre os contidos da materia. Potenciarase a participación activa do alumnado mediante a formulación de preguntas e a proposta de debates.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000