Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Elaboración de prácticas escritas e orais.

30 A1
A2
A3
A4
A5
C43
C46
D1
D3
D7
Traballo Un proxecto tutelado, do que se entregará un documento escrito, ademais de presentarse oralmente na clase. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B2
C43
C46
C48
D1
D2
D3
D7
D9
D13
D14
D15
D18
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita de carácter práctico. 40 A2
A3
A4
B2
B5
B6
C43
C46
D1
D2
D3
D4
D11
D12
D13
D14
D15
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modelo A (avaliación continua): O alumnado que asista regularmente a clase (como mínimo ao 80%) terá que presentarse obrigatoriamente ao exame e acadar como mínimo un 4, para poder sumar as notas obtidas nos diferentes traballos e prácticas. 

Modelo B (avaliación global): O alumnado que opte por este sistema de avaliación, ademais do exame, terá que realizar un traballo oral e outro escrito, sobre as temáticas acordadas co docente. Para facer media, no exame debe acadar como mínimo un 4 e nos traballos como mínimo un 3. A data límite para entregar os traballos será a oficial do exame.

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas exames’.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000