Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión e linguaxe musical
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración de tarefas e traballos en equipo, que poden implicar a aprendizaxe-servizo, eTwinning en colaboración con centros doutros países etc. 25 A1
A2
B2
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D21
Obradoiro Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das sesións prácticas (Sesións B).
15 B2
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
Resolución de problemas Desenvolvemento dunha proba individual teórico-práctica. 25 B2
B8
C53
C54
C55
C56
D2
D5
D7
D8
D13
D14
D16
D17
D18
Presentación Presentación e defensa de traballos grupais e individuais tanto obrigatorios como opcionais, de ser o caso, para aprobar a materia. 25 B2
B3
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D21
Prácticas de laboratorio Realización dunha proba práctica grupal. 10 B2
B4
B8
B11
C53
C54
C55
C56
D2
D5
D7
D8
D9
D12
D13
D15
D16
D17
D18
D19
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O cadro anterior recolle os
criterios de avaliación para alumnado Asistente, isto é, alumnado que non falta
a máis de 3 clases das Sesións B (ou sexa, que cumpre co 80% de asistencia ás
Sesións B), xustificadas ou sen xustificar. Isto significa que para ter a
consideración de Asistente pódese faltar a un máximo de 3 clases das Sesións B.
Desas 3, cada falta sen xustificar penalizará -0.1 puntos no apartado de
““Obradoiro: Asistencia,
seguimento, participación e aproveitamento das sesións
prácticas (Sesións B)”. Se se pode xustificar a falta, a
ausencia non penaliza. Os xustificantes nunca se entregarán por correo
electrónico: mostraranse á profesora coordinadora da materia en calquera das
sesións presenciais. A asistencia e participación ás Sesións A non puntúa na
cualificación final. Non obstante, resulta indispensable asistir a elas para o
bo aproveitamento da materia, especialmente de cara á asunción e comprensión
dos contidos e de cara a poder seguir o ritmo das Sesións B sen dificultades.
Asistir ás Sesións A tamén favorecerá a calidade da participación e das achegas
individuais que o alumnado faga nas Sesións B que, xunto coa actitude,
terase moi en conta para avaliar o antedito apartado.




AVALIACIÓN PARA ASISTENTES:
(1) Proba teórico-práctica individual: 25%


(2) Proba práctica grupal:
10%

(3) Traballos grupais: 25%

(4) Presentacións: 25%

(5) Asistencia e participación nas Sesións B: 15%



Para o alumnado que opte por ser Non Asistente, as porcentaxes para o cálculo da cualificación final da materia
serán as seguintes:


AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES:
(1) Proba teórico-práctica individual: 25%

(2) Proba práctica grupal: 10%

(3) Traballos grupais: 40%

(4) Presentacións: 25%

É necesario aprobar os apartados 1, 2 e 3 da
avaliación para superar a materia (isto é, acadar un 5 sobre 10), tanto para
Asistentes como para Non Asistentes. Se algún destes tres apartados non se
aproban nunha convocatoria dada, a cualificación desta será o sumatorio das
diferentes partes da avaliación dividido entre dous.
O alumnado que opte pola opción de Non Asistente
deberá comunicalo ao profesorado a través de correo electrónico nos primeiros 15 días de clase. Coa lista de alumnado Non
Asistente, o profesorado conformará equipos de traballo e publicaraos na aula
virtual da materia xunto coas instrucións para a elaboración de tarefas, co fin
de que cada equipo se poida organizar para realizalas. Publicada a conformación
dos equipos, o alumnado implicado debe establecer o primeiro contacto entre si a
través de Moovi. Unha vez se entra na aula virtual da materia, pícase arriba á dereita,
na icona do globo, e ponse o nome da persoa á que se quere escribir encima de
“Buscar”. A continuación pícase no nome e abaixo escríbese a mensaxe.
Finalmente dáselle a “Enviar”, e a partir de aí cada equipo pode establecer as
canles de comunicación que desexe. Para que isto funcione é necesario que todo
o alumnado estea activo en Moovi.
O alumnado que ao longo do semestre
perda o dereito de avaliación continua por superar
o máximo de 3 faltas ás Sesións B debe pórse en contacto coa coordinadora da materia
tan pronto como se vexa nesta circunstancia. Neste caso, o profesorado
determinará a procedencia de seren avaliado de acordo á avaliación establecida
para Non Asistentes. De ser o caso, este alumnado será integrado nun equipo de
traballo de Non Asistentes, sempre que sexa posible. De non ser posible, e dado
que a maioría das tarefas de avaliación para Non Asistentes deben realizarse en
equipo e deben ser entregadas nunhas datas concretas, as tarefas grupais de
avaliación obrigatoria que non se poidan entregar en equipo en primeira
oportunidade, faranse en segunda o oportunidade.


Se se dan as circunstancias, a participación de
alumnado Asistente en actividades artísticas fóra das aulas regulares da
materia (por exemplo, conmemoracións organizadas pola Facultade), suporá a
obtención dun comodín de ata +0.3 puntos a sumar individualmente na
cualificación final sempre que os apartados de avaliación 1, 2 e 3 estean
aprobados.
OBSERVACIÓNS:
a. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade
non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como
aprobadas nese curso académico.
b. As datas oficiais dos exames poden consultarse na
páxina web da Facultade, na ruta Docencia --> Exames. A
convocatoria e as instrucións para as probas prácticas da materia anunciaranse
na aula virtual da materia.
c. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza
a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para
atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT).
d. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida
laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte
garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na
plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que
guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000