Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión e linguaxe musical
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Determinación de coñecementos previos e de aptitudes e actitudes do alumnado cara á materia. Exposición da folla de ruta do curso.
Traballo tutelado Elaboración de traballos cooperativos dirixidos polo profesorado, que poden implicar a aprendizaxe-servizo, eTwinning etc.
Lección maxistral Exposición dos contidos teórico-prácticos da materia e das directrices para a elaboración de traballos.
Obradoiro Desenvolvemento de actividades participativas e en equipo, técnicas de ensino-aprendizaxe cooperativas; e deseño, implementación e avaliación de actividades artísticas para primaria.
Resolución de problemas Aplicación dos coñecementos teórico-prácticos en traballos, propostas de aula, probas etc.
Prácticas con apoio das TIC Presentación e práctica con soporte lóxico para a educación musical.
Presentación Presentacións individuais e grupais preparadas polo alumnado.
Seminario Orientacións e reflexións conxuntas: dúbidas, consultas e seguimento das tarefas (que requirirán do traballo autónomo do alumnado, tanto na aula como fóra dela), noticias de actualidade, dilemas que comporta a educación musical no s. XXI etc.
Prácticas de laboratorio Técnicas de relaxación, respiración e fonación. Práctica musical: canto, interpretación instrumental e danza.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000