Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das artes plásticas e visuais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado O/a estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un traballo artístico - didáctico sobre a
temática da materia.
Pautaranse entregas parciais e revisarase o avance das materializacións finais con revisións
intermedias e presentación de tarefas específicas.
Eventos científicos Conferencias, faladoiros, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por relatores/as de
prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Resolución de problemas O/a alumno/a debe desenvolver exercicios relacionados coa adquisición de habilidades
procedimentais e técnicas propias da expresión plástica e visual.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas
e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000