Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das artes plásticas e visuais
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B2 Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
B3 Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar
B4 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
B8 Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
B11 Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
C53 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes
C54 Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical
C55 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola
C56 Desenvolver e evaluar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D5 Coñecemento de informática relativos ao ambito de estudo
D7 Resolución de problemas
D8 Toma de decisións
D9 Traballo en equipo
D10 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
D12 Habilidades nas relacións interpersoais
D13 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
D14 Razoamento crítico
D15 Compromiso ético
D16 Aprendizaxe autónoma
D17 Adaptación a novas situacións
D18 Creatividade
D19 Lideranza
D21 Iniciativa e espírito emprendedor
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000