Probas de tipo test |
Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades |
40 |
Para superar a materia é imprescindible alcanzar o 50% en cada apartado da avaliación. Para os alumnos non asistentes ou que non alcanzan o 80% da asistencia,o valor do exame será o 60 % e o portafolios o 40%. Ademais das probas citadas, realizarán un exame práctico oral, relacionado coas competencias adquiridas a través da elaboración do portafolios. As competencias non superadas, total ou parcialmente, na convocatoria de xuño poden superarse na convocatoria de xullo. As competencias superadas mantéñense. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade http://webs.uvigo.es/educacion-ou/ no espazo "datas exames".
É importante a participación nas primeiras sesións da materia para comprender o proceso do seu desenvolvemento. Toda a información necesaria para superar a materia atópase na plataforma TEMA a disposición dos alumnos/as. |