Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de unha proba de avaliación que poderá incluír tanto cuestións de contido teórico como comentarios de textos, mapas e gráficas. |
50 |
Informes/memorias de prácticas |
Seminarios: Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación.
Traballos de aula: Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos propostos ao longo do curso. |
20 |
Valoraranse a asistencia e participación activa nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titorías e outras actividades. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade presencial, cousa que deberán comunicar ao profesor responsable dentro do primeiro mes do cuatrimestre, examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bilbiografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico, que será asignado polo profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo o 30%. Os alumnos da modalidade presencial que non realicen todas as actividades e traballos prácticos ou non acaden nestes ou no examen a cualificación de aprobado, calquera que sexa a convocatoria á que se acollan, deberán repetir na segunda convocatoria aquelas partes da materia que teñan suspensas ou ben acollerse á modalidade non presencial con idénticos requisitos aos esixidos a este alumnado. As datas oficiais de exames poden consultarse na web da facultade, no espazo Datas exames, disponible na seguinte dirección:
http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php |