Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Historia: Historia do presente
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteñense todas as metodoloxías, adaptadas a docencia a través do Campus Remoto e ao traballo, individual ou en grupo, remoto a través da plataforma de teledocencia Moovi e outros mecanismos colaborativos.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As tutorías realizaránse a través do Campus remoto, foros na plataforma de teledocencia Moovi, correo electrónico, etc.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modifican os contidos.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
As fontes de información e mateirais existentes no curso virtual (Moovi) permiten traballar todos os contidos e son suficientes para facilitar a auto-aprendizaxe.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non se prevé ningún cambio en relación coas probas de avaliación e a porcentaxe correspondente a cada proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000