Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación primaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba tipo test con catro alternativas de resposta (20%) e proba de resposta longa (preguntas de desenvolvemento breve) (10%), que totaliza un 30%.
Para superar a materia é necesario acadar polo menos 4 puntos en cada unha das probas anteriores (escala 1-10).
Nestas probas valoraranse as competencias vinculadas á lección maxistral e aos debates realizados en clase.
30 A2
A3
A4
B1
C5
C7
C8
C9
C11
C12
C15
C16
C17
D1
D2
D14
D16
D22
D23
Obradoiro Valoración de tarefas prácticas concretas realizadas polo alumnado.

15 A3
B10
B11
C12
C13
C14
C17
C18
D2
D9
D22
Traballo tutelado Valoración de traballos e proxectos iniciados e desenvolvidos nas clases calesquera que sexa o tipo de agrupamento baixo as directrices e supervisión do profesorado.
Estes traballos abranguen actividades que poden estar ou non vinculados no seu desenvolvemento a tarefas de traballo autónomo do alumnado.
15 A2
A3
A4
B2
B3
B4
B5
B11
C11
C12
C13
C16
D2
D6
D9
D14
D16
D22
Seminario Elaboración práctica dun deseño curricular de aula. Aplicación da teoría a un caso práctico. O traballo consistirá na elaboración dunha Unidade Didáctica Integrada (UDI).
O traballo en aula, neste caso, require completarse con actividades realizadas fóra dela.
Para a superación da materia é preciso acadar un 5 na cualificación do traballo realizado nos seminarios (escala 1-10).
40 A2
A3
A5
B2
B4
C16
D2
D13
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para dar resposta á diversidade no seu sentido máis amplo e dun xeito especial a aquel alumnado con NEAE adscrito ao programa PIUNE (PAT)

De non superar a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo mediante as correspondentes probas.

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas de exames'



Criterios para superar a materia: 

a) Alumnado asistente: enténdese por alumnado asistente aquel que asiste con regularidade ás clases (mínimo un 80%). Este deberá participar nas modalidades indicadas no apartado de Avaliación e será condición indispensable para superar a materia obter en cada unha delas como mínimo a metade da puntuación. 
b) Alumnado non asistente: enténdese por alumnado non asistente aquel que non asiste con regularidade ás clases, presenciais ou telemáticas (falta máis dun 20%). Éste deberá realizar un exame no que entran todos os contidos da materia, este valorarase ata un máximo de 5 puntos. Ademáis deberá realizar todos os traballos obrigatorios que a tavés de MOOVI ten que realizar todo o alumnado da materia, sexa asistente ou non asistente. A puntuación máxima neste apartado será de 5 puntos. Será condición indispensable para superar a materia, obter en cada un dos apartados como mínimo a metade da puntuación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000