Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación primaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación por parte do profesorado da guia docente correspondente a esta materia.
Lección maxistral Información previa dada polo profesorado cos esquemas correspondentes dos diferentes contidos básicos que debe contemplar o deseño curricular de aula.
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
Obradoiro Elaboración de diferentes recursos didácticos alternativos: de tipo lúdico e manipulativo, audiovisuais, unidades didácticas globalizadas, guións didácticos, manualidades artísticas para introducir temas do currículo de primaria, deseños curriculares de aula sobre o ciclo anual das festas populares e temas propios da escola primaria (datas significativas, días internacionais, etc.)
Traballo tutelado O alumnado desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión da persoa docente encargada de dirixir o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Estes traballos poden requerir traballo autónomo do alumnado.
Seminario Estudo e actividades prácticas, como programacións, relacionadas co deseño e desenvolvemento do currículo na educación primaria.
Gamificación A aplicación de mecánicas propias dos xogos para as súas aplicacións nos procesos de aprendizaxe nun entorno lúdico que propicia a motivación, implicación e diversión
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000