Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O/a estudante presenta aspectos dos contidos da materia previamente preparados utilizando a bibliografía suxerida, exposición de actividades realizados na aula e fora da mesma. 10 A1
A4
A5
B8
C13
D1
D2
D9
D16
Cartafol/dossier Afondamento teórico-práctico sobre os contidos da materia a través do análise de aspectos do desenvolvemento evolutivo (cognitivo, lingüístico, emocional e social) de escolares de educación primaria co obxectivo de promover actuacións, tanto para prevención como para a promoción e mellora dos mesmos. 30 A2
A3
A4
B8
C2
C3
C13
C19
D1
D2
D6
D8
D9
D17
Exame de preguntas obxectivas Probas que inclúen preguntas con diferentes opcións de resposta sobre contidos da materia. 30 A1
A3
A4
B8
C2
C3
D1
D2
D6
D16
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Realización dun informe escrito e, no seu caso, presentación oral das actividades prácticas nas que se desenvolvan, relacionen, organicen os coñecementos e preséntense conclusións propias por parte dos/as estudantes sobre un aspecto do desenvolvemento humano aplicado a escolares de Educación Primaria. 30 A2
A3
A4
A5
C2
C3
C13
C19
D1
D2
D6
D8
D9
D16
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Para optar á avaliación continua esíxese a asistencia regular de, polo menos o 80%, das sesións de clase, traballos tutelados e titorías de grupos.

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación de cada apartado.

Aqueles estudantes que non superen algunha das probas de avaliación poderán recuperalas nas datas oficiais correspondentes á segunda oportunidade, no mes de Xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na primeira oportunidade.

AVALIACIÓN GLOBAL

Os estudantes que opten por este sistema de avaliación ou non poidan seguir a avaliación continua deberán realizar unha proba de contidos teóricos sobre a materia, que suporá un 50% da nota, un comentario sobre una monografía, 20% e un traballo teórico-aplicado titorizado, ao que lle corresponderá o 30% da cualificación final. Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada unha das partes un 50% da cualificación total das mesmas.

No caso de alumnado do Curso Ponte proporase unha avaliación alternativa que será concretada polo profesorado o día da presentación da materia ou cando se faga a consulta persoalmente.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'exames'

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000