Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades dirixidas a:
- presentación da materia
- tomar contacto cos estudantes
- recoller información sobre coñecementos e motivacións dos estudantes
Lección maxistral Exposición por parte das docentes dos contidos sobre a materia obxecto de estudo e as súas bases teóricas, así como directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a resolver polo/a estudante.
Traballo tutelado O/a estudante presenta no grupo-clase aspectos dos contidos da materia previamente preparados, utilizando material proporcionado polo/a docente, ademais das achegas persoais que poida realizar o estudante, utilizando a bibliografía suxerida. Realizarase tanto de xeito indiviual como empregando técnicas grupais participativas.
Cartafol/dossier Afondamento teórico-práctico sobre os contidos da materia a través do análise de aspectos do desenvolvemento evolutivo (cognitivo, lingüístico, emocional e social) de escolares de educación primaria co obxectivo de promover actuacións, tanto para prevención como para a promoción e mellora dos mesmos. Realizarase tanto de xeito indiviual como empregando técnicas grupais participativas.
Estudo de casos Análise dun caso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Realizarase empregando técnicas grupais participativas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000