O alumnado deberá comunicar ao profesorado por cal dos dous procesos de avaliación vai optar na primeira quincena do curso, agás no caso do alumnado que perda o dereito á avaliación continua por faltas de asistencia. Calquera outra circunstancia, deberá ser comunicada ao profesorado para os efectos da avaliación. Avaliación continua para o alumnado asistente.Realizarase segundo os seguintes parámetros: 1. Traballos de aula: 10%. (1 punto) 2. Traballos tutelados individuais ou colectivos, que poden tratar do comentario dun libro: 20%. (2 puntos) 3. Cartafol: 20%. (2 puntos) 4. Proba escrita na que se desenvolverán subtemas do programa: 30% (3 puntos) 5. Proba escrita de resposta curta: 20% (2 puntos) Para obter unha cualificación positiva o alumnado deberá conseguir o 50% en cada dos apartados. O alumnado asistente que non supere o proceso de avaliación continua deberá realizar unha proba extraordinaria seguindo as instrucións do profesorado coa finalidade de traballar aqueles contidos non superados e conseguir as competencias a eles asociadas. Avaliación de non asistentesTerán a consideración de non asistentes aqueles alumnos/as que non consigan o 80% da asistencia. A ficha con foto e datos persoais deberá ser entregada ao profesor nas dúas primeiras semanas de clase. Para a superación da materia deberá conseguirse o 50% de todos os apartadados sinalados na avaliación. A avaliación ordinaria e extraordinaria para o alumnado non asistente consistirá en: 1. Cartafol que conterá un desenvolvemento de varios subtemas do programa. 2 puntos. 2. Traballo individual programado co profesor que poderá consistirá na lectura e comentario dun libro: 2 puntos. 3. Proba escrita que consistirá no desenvolvemento desubtemas incluídos no temario: 6 puntos. IMPORTANTE: No caso de superar algunha das partes da materia conservarase a cualificación para o mesmo curso académico, debendo superar unicamente as probas nas que non se obtivera a cualificación mínima sinalada máis arriba. A data oficial do exame pode consultarse na web da facultade, no apartado Datas exames, dispoñible na dirección: http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php |