Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Teoría e historia da educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da persoa responsable da docencia dos contidos da materia e das bases teóricas e directrices do traballo a desenvolver polo estudantado.
Traballo tutelado Terán como finalidade a exposición de comentarios, recensións, actividades ou traballos de tipo individual e/ou colectivo por parte do alumnado con debate posterior.
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico. Empréganse como complemento das sesións maxistrais, para desenvolver competencias instrumentais relacionadas co marco teórico da materia.
Traballo tutelado O alumnado deberá realizar de forma individual e/ou grupal varios traballos sobre algúns dos temas vinculados cos contidos da materia.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio ou proxecto.Pódese levar a cabo individual ou grupalmente.
Actividades introdutorias Actividades de presentación da materia, análise de coñecementos previos, actitudes e intereses/expectativas en relación á materia.
Aprendizaxe colaborativa Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000