Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Teoría e historia da educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Educación: Teoría e historia da educación Código O05G120V01102
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Dapia Conde, María Dolores
Correo-e ddapia@uvigo.es
Profesorado
Dapia Conde, María Dolores
Ferro Cid, Angélica
Vieites García García, Manuel F.
Web
Descrición xeral Como materia de formación básica, a denominada Educación. Teoría e Historia da Educación ten como finalidade introducir ao futuro graduado no universo educativo a través da análise da educación como práctica cultural presente en todas as sociedades e estreitamente relacionada con cuestións sociais, económicas e políticas. Persegue que o futuro graduado coñeza e valore nunha perspectiva crítica o concepto de educación e os seus procesos, axentes, institucións, xunto coa súa evolución histórica e o proceso de configuración do sistema educativo. Busca igualmente unha comprensión histórica, contextual e crítica do fenómeno educativo, que oriente finalmente a súa praxe
profesional nunha perspectiva reflexiva. Tamén se analizan os aspectos básicos do desenvolvemento histórico da educación en España e en Galicia, prestando especial atención á Educación Primaria, e ao proceso de configuración do seu profesorado, da súa formación e da súa lexitimación socioprofesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000