Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Teoría e historia da educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Educación: Teoría e historia da educación Código O05G120V01102
Titulacion
Grao en Educación Primaria
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Carrera Fernández, María Victoria
Correo-e mavicarrera@uvigo.es
Profesorado
Carrera Fernández, María Victoria
Cid Fernández, Xosé Manuel
Web
Descrición xeral Como materia de formación básica, a denominada Educación. Teoría e Historia de a Educación ten como finalidade introducir ó futuro graduado/a no universo educativo a través da análise da educación como práctica cultural presente en todas as sociedades e estreitamente relacionada con cuestións sociais, económicas e políticas. Persegue que o futuro/a graduado/a coñeza e valore desde unha perspectiva crítica o concepto de educación e os seus procesos, axentes, institucións, xunto coa súa evolución histórica e co proceso de configuración do sistema educativo. Busca igualmente unha comprensión histórica, contextual e crítica do fenómeno educativo, que oriente finalmente a súa praxe
profesional desde unha perspectiva reflexiva e crítica. Tamén se analizan os aspectos básicos do desenvolvemento histórico da educación en España e en Galicia, prestando especial atención á Educación Primaria e ó proceso de configuración do seu profesorado, da súa formación e da súa lexitimación socioprofesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000