Guia docente 2018_19
Facultad de Ciencias de la Educación
Grado en Educación Infantil
 A Facultad de Ciencias da Educación de Ourense é h

(*)

A Facultad de Ciencias da Educación de Ourense é herdeira da tradición acumulada na Escola de Maxisterio de Ourense e na Facultade de Humanidades, relativa á formación de mestres/as, educadores/as e Traballadores/as sociais.

No curso 2009-2010 comeza unha nova etapa histórica na formación pasando das actuais diplomaturas aos estudios de Grao e Posgrao.

EDUCACIÓN INFANTIL

Duración: 4 anos

Créditos: 240

Nº de prazas: 75

Practicum en institucións: 48 créditos

Acceso: desde Bacharelato, FP, Ciclos Formativos

Que busca?:

- Asegurar unha formación pedagóxica e científica do futuro profesorado de Educación infantil, coherente cos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e

accesibilidad universal das persoas con discapacidade; igualdade efectiva de

mulleres e homes; de fomento da educación e da cultura de paz.

- Capacitar para o exercicio da profesión, focalizada ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas desta etapa e procurando unha axeitada formación como ciudadáns responsables, participativos, libres, democráticos e solidarios.

Que saídas profesionais ten?

DOCENCIA: Formación en centros de educación infantil, Mestres en centros

penitenciarios, Mestres en hospitais, Mestre en ONG, fundacións, etc. Así como noutros ámbitos educativos nos que as convocatorias de prazas contemplen o graduado/a en Educación Infantil como un dos posibles candidatos/as

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000