Guia docente 2020_21
Facultad de Ciencias de la Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Os criterios de avaliación son os seguintes:
- O resumo inclúe os compoñentes esenciais. Estrutura do TFG coherente, exposición clara e corrección lingüística.
- Fundamentación teórica/Estado da cuestión/ Lexislación (de ser o caso)
- Relevancia para o ámbito da profesión e achegas persoais.
- Obxectivos e adecuación metodolóxica.
- Presentación, descrición, ilustración e, de ser o caso, interpretación dos resultados.
- Suficiencia, interese e actualidade da bibliografía. Uniformidade de citas e referencias e correspondencia entre elas.
- De ser o caso, as conclusións e discusión son coherentes cos obxectivos/preguntas de investigación/hipótese e cos resultados.
70 CB1
CB2
CB3
CB5
CG1
CG2
CG3
CG4
CG5
CG6
CG7
CG8
CG9
CG10
CG11
CG12
CE59
CE60
CE61
CE62
CE63
CE64
CE65
CE66
CE67
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
CT6
CT7
CT8
CT9
CT10
CT11
CT12
CT13
CT14
CT15
CT16
CT17
CT18
CT19
CT20
CT21
CT22
Presentación Os criterios de avaliación son os seguintes:
Selección, equilibrio e organización do contido na presentación oral.
Competencia comunicativa oral e emprego axeitado do vocabulario, así como dos recursos informáticos.
Respostas ás cuestións formuladas polos membros da comisión de avaliación.
30 CB4
CT1
CT3
CT5
CT6
CT11
CT13
CT16
CT17
CT21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

TFG será presentado e defendido
polo seu autor ou autora diante dun tribunal unipersoal que estará constituído
pola persoa titora do TFG.  A cualificación (de 0 a 10) realizarase
de xeito motivado seguindo os criterios establecidos na rúbrica de avaliación
contemplada na Guía Didáctica do TFG.

O TFG debe cumprir necesariamente cos seguintes requisitos: (1) ser un traballo persoal e orixinal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou
palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa orixe, (2) respectar a extensión máxima permitida (5.000-10.000 palabras) e (3) incluír un apartado de resultados empíricos.

Aqueles estudantes que non
superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á
segunda convocatoria no mes de xullo. As datas de entrega da memoria e da
defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade.
No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ou segunda
convocatoria, o tribunal unipersoal fará chegar un informe coas recomendacións
oportunas ao estudante para a mellora do traballo e a súa posterior
avaliación. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000