Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados A efectos de avaliación, o/a titor/a académico/a emitirá un informe no que valorará (de 0 a 3 puntos) o labor realizada pola/o alumna/o durante o período de elaboración do TFG. 30
Presentacións/exposicións O alumno/a exporá ante un tribunal avaliador un resumo do TFG e dos principais resultados e conclusións acadados. Posteriormente, os membros
do Tribunal avaliador poderán realizar as observacións e consideracións oportunas.
Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación tomando en consideración o informe emitido polo titor académico, a calidade do contido do TFG, así como a propia exposición, en particular, a claridade expositiva e a capacidade de debate e
defensa argumental do/a alumno/a.
O Tribunal emitirá una puntuación de 0 a 7 puntos.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación será a suma ponderada da cualificación do Tribunal (de 0


a 7 puntos) mais a valoración do titor (de 0 a 3 puntos).


A valoración do Tribunal será a media aritmética das notas atribuídas por cada un dos seus


membros.

O TFG debe ser un traballo persoal no que
se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras de outra
autoría acreditarase explicitamente a súa procedencia
.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000