Didáctica, organización escolar e métodos de investigación Didácticas especiais Filoloxía galega e latina Psicoloxía evolutiva e comunicación Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Raposo Rivas, Manuela
Iglesias Álvarez, Ana María
Correo-e
anaiglesias@uvigo.es mraposo@uvigo.es
Profesorado
Alonso Ferreiro, Almudena
Casado Neira, David
Constenla Vega, Xose
Díaz Pereira, María del Pino
García Núñez, Francisco Javier
González Fontão, María del Pilar
Iglesias Álvarez, Ana María
Iglesias Sarmiento, Valentín
Mociño González, María Isabel
Raposo Rivas, Manuela
Zabalza Cerdeiriña, María Ainoa
Web
Descrición xeral
As competencias específicas do grao en Educación Infantil son definidas na ORDE ECI/3854/2007, de 27 de decembro, na cal se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Infantil. Entre estes requisitos faise referencia, no ANEXO (apartado 5), á planificación do ensino, sinalando que o plan de estudos deberá incluír, entre outros, un módulo formativo denominado Prácticum. Na mesma Orde Ministerial indícase que:
“O Prácticum desenvolverase en centros de educación infantil recoñecidos como centros de formación en prácticas mediante convenios entre as Administracións Educativas e as Universidades. Terá carácter presencial e estará tutelado por profesores universitarios e mestres de educación infantil acreditados como titores de prácticas. O Prácticum realizarase nos dous ciclos do ensino de educación infantil”.
Para poder matricularse no Prácticum será requisito imprescindible ter superado o 70% dos créditos de formación básica e obrigatoria correspondente aos tres primeiros cursos.