Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Prácticas externas: Practicum Código O05G110V01981
Titulacion
Grao en Educación Infantil
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
48 OB 4 An
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinador/a
Fernández Méndez, José Luis
Correo-e joslufem@uvigo.es
Profesorado
Fernández Méndez, José Luis
Web
Descrición xeral As competencias específicas do grao en Educación Infantil son definidas na ORDE ECI/3854/2007, de 27 de decembro, na cal se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Infantil. Entre estes requisitos faise referencia, no ANEXO (apartado 5), á planificación do ensino, sinalando que o plan de estudos deberá incluír, entre outros, un módulo formativo denominado Prácticum. Na mesma Orde Ministerial indícase que:
“O Prácticum desenvolverase en centros de educación infantil recoñecidos como centros de formación en prácticas mediante convenios entre as Administracións Educativas e as Universidades. Terá carácter presencial e estará tutelado por profesores universitarios e mestres de educación infantil acreditados como titores de prácticas. O Prácticum realizarase nos dous ciclos do ensino de educación infantil”.
Para poder matricularse no Prácticum será requisito imprescindible ter superado o 70% dos créditos de formación básica e obrigatoria correspondente aos tres primeiros cursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000