Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua estranxeira a través da literatura infantil ou xuvenil: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliación continua (en inglés): Realización de exercicios e actividades nas áreas de léxico, gramática, comprensión oral e escrita e produción oral e escrita 25
Presentacións/exposicións Avaliación continua (en inglés): Probas para avaliación das competencias orais e escritas adquiridas nos traballos de clase e mediante mensaxes textuais e audiovisuais colgados na plataforma virtual da materia. 25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Avaliación continua (en inglés): Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade presentada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Avaliación continua (en inglés): Realización de exercicios e actividades nas áreas de léxico, gramática, comprensión oral e escrita e produción oral e escrita 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar (cun 50% como mínimo) cada un dos catro apartados arriba mencionados. En caso de plaxio a cualificación será de SUSPENSO.


Efectuarase un seguimiento de asistencia a clase. En segunda convocatoria e para os alumnos que non se acollen á avaliación continua e/ou non asisten ao 80% das clases, realizarase un exame final que englobe todos os contidos e destrezas. Consistirá nunha presentación da unidade didáctica en horas de titoría (40%), unha proba de exame oral en inglés (30%) e dun exame final con probas de resposta longa en inglés sobre a materia (30%).

De non ter
superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na
convocatoria de Xullo.
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade, no espazo DATAS EXAMES: http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000