Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Situacións de comunicación en lingua estranxeira: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliación continua (en inglés): O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante. 25
Presentacións/exposicións Avaliación continua (en inglés): Probas para avaliación das competencias orais e escritas adquiridas nos traballos de aula e mediante mensaxes textuais e audiovisuais colgados na plataforma virtual da materia. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Avaliación continua (en inglés): Realización de exercicios e actividades nas áreas de léxico, gramática, comprensión oral e escrita e produción oral e escrita 25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Avaliación continua (en inglés): Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade presentada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será requisito imprescindible aprobar (cun 50% como mínimo) cada un dos catro apartados arriba mencionados para facer a media. Os exames, traballos, presentacións e exposicións serán realizados en inglés.  En caso de PLAXIO, a calificación será SUSPENSO.

Efectuarase un seguimento de asistencia a clase. En segunda convocatoria e para os alumnos que non se acollen á avaliación continua e/ou non asisten ao 80% das clases, realizarase un exame final que englobe todos os contidos e destrezas. Consistirá nun exame escrito de resposta longa (50%) e un exame oral (50%)

De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de Xullo.

Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educacion-ou/) no menú "Datas exames".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000