Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua estranxeira a través das novas tecnoloxías: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas no laboratorio de idiomas, ante a presenza da profesora. O seguimiento realizarase con técnicas baseadas na observación directa. Nalgúns casos concretos haberá que facer entrega de resultados. 30 A1
A2
A3
B1
B2
B4
B5
B7
B11
C52
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test sobre contidos teóricos da materia. Cando o profesorado estímeo oportuno, o exame escrito poderá ser complementado cun exame oral. 30 B6
B12
D1
D4
D7
D14
Traballo Presentación de traballo ou proxecto final. É necesario facer a súa entrega en formato dixital dentro do prazo concretado. Para a súa cualificación teranse en conta, entre outros aspectos, o contido, a estrutura, orixinalidade e uso apropiado da lingua inglesa. 40 B4
B7
B11
C52
D1
D2
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais para ser avaliados a través das referidas ponderacións. Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima do 50% en cada apartado. En caso de superar unha das partes da materia (teórica ou práctica), conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo.

Cando a algún estudante non se lle poida cualificar a través da avaliación continua, este deberá realizar unha proba dos contidos teóricos da materia que pondera ata 3 puntos da nota final e outra dos contidos prácticos que pondera ata 7 puntos. Para superar a materia será preciso que obteña en cada unha das partes (teoría e práctica) un 50% da cualificación establecida para cada apartado, é dicir 1,5 puntos en contidos teóricos e 3,5 puntos en contidos prácticos. En caso de superar unha das partes da materia (teórica ou práctica), conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo.

Data do exame: Consultar a web da facultade no menú "Datas exames".

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000