Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
Materias
Lingua estranxeira a través das novas tecnoloxías: Inglés
Avaliación
Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas no laboratorio de idiomas, ante a presenza da profesora. O seguimiento realizarase con técnicas baseadas na observación directa. Nalgúns casos concretos haberá que facer entrega de resultados. 20
Probas de tipo test Probas tipo test sobre contidos teóricos da materia. 30
Traballos e proxectos Presentación de traballo ou proxecto final. É necesario facer a súa entrega en formato dixital dentro do prazo concretado. Para a súa cualificación teranse en conta, entre outros aspectos, o contido, a estrutura, orixinalidade e uso apropiado da lingua inglesa. 50

Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais para ser avaliados a través das referidas ponderacións. Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima na teoría (1,5 puntos) e na práctica (3,5 puntos). En caso de superar unha das partes da materia (teórica ou práctica), conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo.

Cando a algún estudante non se lle poida cualificar a través da avaliación continua, este deberá realizar unha proba dos contidos teóricos da materia que pondera ata 3 puntos da nota final e outra dos contidos prácticos que pondera ata 7 puntos. Para superar a materia será preciso que obteña en cada unha das partes (teoría e práctica) un 50% da cualificación establecida para cada apartado, é dicir 1,5 puntos en contidos teóricos e 3,5 puntos en contidos prácticos. En caso de superar unha das partes da materia (teórica ou práctica), conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo.

Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educacion-ou/) no menú "Datas exames".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000