Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro II: Francés
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Comprender discursos e conferencias extensos, e ata seguir liñas argumentais complexas sempre que o tema sexa relativamente coñecido. Comprender case todas as noticias da televisión e os programas sobre temas actuais. Comprender a maioría das películas nas que se fala nun nivel de lingua estándar.
saber
A3
B3
B4
Ser capaz de ler artigos e informes relativos a problemas contemporáneos nos que os autores adoptan posturas ou puntos de vista concretos. Comprender a prosa literaria contemporánea.
saber
A3
B3
B4
Poder participar nunha conversación con certa fluidez e espontaneidade, e tomar parte activa en debates desenvolvidos en situacións cotiás sobre temas relacionados co ámbito persoal, profesional ou educativo, explicando e defendendo os seus puntos de vista Comprender e reaccionar adecuadamente e facer uso do idioma tal e como se utiliza nas transaccións habituais do aula e docentes.
saber
Saber estar / ser
A3
B3
B4
Presentar descricións claras e detalladas dunha ampla serie de temas relacionados coa súa especialidade. Desenvolver a competencia comunicativa necesaria para abordar en francés, con fluidez e seguridade, os temas de interese para alumnos de educación infantil e primaria que figuran nas recomendacións para o deseño das programacións de lingua estranxeira nestes niveis.
saber
saber facer
Saber estar / ser
A1
A3
B2
B3
Ser capaz de escribir textos claros e detallados sobre temas relacionados cos seus intereses. Escribir redaccións ou informes transmitindo información ou propondo motivos que apoien ou refuten un punto de vista concreto, relacionados co ámbito persoal, profesional e educativo. Escribir cartas que destacan a importancia que lle dan a determinados feitos ou experiencias.
saber
saber facer
A3
Desenvolver estratexias de aprendizaxe autónoma e de traballo cooperativo, favorecendo a análise e a observación dos propios procesos de aprendizaxe.
saber
saber facer
A1
A10
B15
Coñecer formas e medios para continuar e enriquecer a súa propia formación cultural e lingüística
saber
saber facer
A10
B15
B19
Desenvolver certas actitudes afectivas desexables nun docente de L.E., por exemplo, solidariedade e cooperación cos demais, interese e tolerancia cara ao diferente, seguridade na propia competencia comunicativa, e unha visión da L.E. como un medio de comunicación cultural e non meramente unha materia máis.
saber
Saber estar / ser
A5
B4
B19
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000