Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Xogo na educación infantil
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Xogo na educación infantil Código O05G110V01912
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Pazos Couto, Jose Maria
Correo-e chema3@uvigo.gal
Profesorado
Pazos Couto, Jose Maria
Web
Descrición xeral Desenvolvemento das capacidades do alumnado para a análise das competencias necesarias para coñecer o xogo, os procesos do seu desenvolvemento no neno e a súa capacidade para aprender con el.
O coñecemento do xogo no neno, así como o deseño de actividades e estratexias destinadas a promovelo, son aportacións que desde esta materia se fan ao perfil dos mestres en xeral e de forma especial aos de Educación Infantil. A súa adecuación ao perfil da titulación vén dado pola necesidade de coñecementos que teñen os docentes dese ciclo sobre o xogo, da súa evolución e das actividades que axudan na aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000