Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Bases pedagóxicas da educación especial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación
Avaliación da exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
10 A4
D2
D12
Traballo tutelado Avaliación dos exercicios e proxectos realizados baixo a supervisión do profesor. Será preciso obter 2 puntos sobre 4 para poder aprobar a asignatura. 40 B1
B3
D12
Traballo tutelado
Avaliación dos traballos realizados e entregados polos alumnos/as
20 A4
B3
C21
D2
D7
D8
D9
D12
Resolución de problemas e/ou exercicios Os alumnos deben realizar unha proba de exame de resposta curta ou longa en base os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Deberán para aprobar a materia obter nesta proba, como mínimo 1,5 puntos sobre 3. 30 A4
B3
D7
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación que se propón é unha avaliación multicriterio, é dicir, unha avaliación que admite propostas de valoración en todas as actividades que leven a cabo (coñecementos teóricos, prácticos, traballos, exame, …) permitindo unha avaliación que supoña unha valoración integral do alumno/a.
Criterios para superar a materia:

a) Alumnado asistente: enténdese por alumnado asistente aquel que asiste con regularidade ás clases (minimo un 80%). Este deberá participar nas modalidades indicadas no apartado de Avaliación e será condición indispensable para superar a materia obter en cada unha delas como mínimo a metade da puntuación.

b) Alumnado non asistente: enténdese por alumnado non asistente aquel que non asiste con regularidade ás clases (falta máis dun 20%). Éste deberá realizar un exame no que entran todos os contidos da materia, este valoraras ata un máximo de 4 puntos, deberá para aprobar obter nesta probra unha nota mínima de 2 puntos. Ademáis deberá realizar un traballo tutelado que terá tamén unha valoración de ata 4 puntos, neste deberá obter tamén un mínimo de 2 puntos para poder aprobar. Elaboración dun tema que lle indique o profesor, terá unha valoración de 2 puntos. Será condición indispensable para superar a materia, obter en cada un dos apartados como mínimo a metade da puntuación.

Segunda convocatoria: As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de
avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. De non superar esta última convocatoria non se gardarán as puntuacións obtidas. Responde ás mesmas esixencias e probas realizadas na primeira convocatoria.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao
programa PIUNE (PAT).
 
Datas exames: 
Consultar páxina web da Facultade. 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000