Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Bases pedagóxicas da educación especial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Foros de discusión
Actividade desenvolvida nun medio virtual na que se debaten temas diversos relacionados co ámbito académico e/ou profesional.
5
Presentacións/exposicións
Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
10
Traballos de aula
O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvementos con actividades autónomas do estudante.
15
Traballos e proxectos O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
20
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30
Estudo de casos/análise de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nota: As cualificacións do cadro precedente aparecen expresadas en porcentaxes


AVALIACIÓN ALUMNADO PRESENCIAL


Para superar a materia será necesario, acadar como mínimo o 50% da puntuación nas seguintes probas:



  1. Traballos e proxectos + presentacións/exposicións (Necesario obter  un mínimo de 1,5 puntos)
  2. Estudo de casos/análise de situacións (Necesario obter un mínimo de 1 punto)
  3. Proba tipo test modalidade A (Necesario obter un mínimo de 1,5 puntos) 
  4. Traballos de aula+Foro de discusión (Necesario obter como mínimo 1 punto)

Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido.


AVALIACIÓN ALUMNADO NON PRESENCIAL:


A avaliación deste alumnado farase de igual xeito que a do alumnado presencial, agás nas probas de Traballos de aula e presentacións/exposicións, sendo incrementada a puntuación correspondente destas á do tipo Test. É decir, para superar a materia haberá que acadar como mínimo o 50% da puntuación nas seguintes probas:


1. Traballos e proxectos (necesario obter un mínimo de 1 punto)


2. Estudo de casos/análise de situacións (necesario obter un mínimo de 1 punto)


3.Proba tipo test modalidade B (necesario obter un mínimo de 2,75)


4. Foro de discusión (necesario obter un mínimo de 0,25)


Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido.


IMPORTANTE:


-Todos os alumnos/as que non acaden unha asistencia aproximada a un 70%-80% das clases teórico-prácticas, pasarán automáticamente á forma de avaliación non presencial.


--A fórmula a aplicar na proba tipo test será: P=A-(E/n-1), onde P=puntuación, A= acertos, E=erros, n=nº de alternativas de resposta. Haberá 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas a correcta.



-As actividades teóricas e prácticas poderán ser realizadas polo alumnado asistencial individualmente ou en grupo (máximo de 4-6). O alumnado non asistencial realizará as actividades de xeito individual.


SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO):


Conservaranse as cualificacións das probas superadas en xuño, tendo que examinarse só das partes non superadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000