Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Bases pedagóxicas da educación especial
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
A realización dos traballos tutelados.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Suprimirase a exposición do tema por parte do alumnado. As entrevistas que o alumnado mantén co profesor da materia para o desenvolvemento da mesma e do proceso da aprendizaxe faranse vía correo electrónico, videoconferencia ou foro moovi. Previo aviso ao profesor.
A exposición dos contidos por parte do profesor, subiranse os contidos a moovi e aclararanse as dúbidas por correo electrónico, videoconferencia ou foro. Previa comunicación ao profesor.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Levaranse a cabo as titorías por correo electrónico e/ou videoconferencia.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non hai modificacións.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Mantense a mesma porcentaxe.

* Probas pendentes que se manteñen
Mantéñense todas as probas agás a exposición dun tema por parte do alumnado.

* Probas que se modifican
No caso de non poder expoñer o tema na aula sumaráselle a puntuación que se lle daba a esa proba (10%) á elaboración do tema pasando así a ponderación prefixada nun 20% a 30%.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000