Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Bases pedagóxicas da educación especial
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Bases pedagóxicas da educación especial Código O05G110V01909
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
González Fontão, María del Pilar
Correo-e mpfontao@uvigo.es
Profesorado
Fernández Guerra, Ernesto
González Fontão, María del Pilar
Web
Descrición xeral A materia de Bases Pedagóxicas da Educación Especial é optativa de 3º curso no plan de estudos da titulación de Grao de Educación Infantil, polo que trata de complementar a formación sobre a conceptualización do eido educativo que trata e dos suxeitos con necesidades específicas de apoio educativo. No mesmo senso, o manexo de recursos e instrumentos dende o punto de vista científico e funcional,a interiorización de pautas de intervención educativas máis idóneas para compensar as características educativas destes suxeitos e as tomas de decisións en relación coa atención á diversidade, van ser os aspectos esenciais que se traballarán nesta materia. A finalidade da atención á diversidade é proporcionar a todo o alumnado unha educación axeitada ás súas características e necesidades.No plano pedagóxico implica a necesidade de articular unha actuación didáctica que permita atender simultáneamente e con eficacia a uns alumnos que se van diferenciando progresivamente como resultado da propia escolaridade, dos contextos persoais e familiares así como dos intereses que se manifesten en distintos momentos evolutivos. Consideramos que o mestre de Educación Infantil debe dominar unha serie de competencias de tipo conceptual, procedimental e actitudinal para realizar unha correcta resposta educativa sobre os distintos tipos de necesidades específicas de apoio educativo nunha escola inclusiva.Requírese unha formación específica en aspectos fundamentais da nova educación inclusiva fundamentada nos principios de igualdade e equidade para todo o alumnado, para que teñan as mesmas oportunidades de aprendizaxe e as mesmas posibilidades de desenvolvemento das súas capacidades en igualdade de condicións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000