Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Obradoiro de creatividade artística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Obradoiros Elaboración artística didáctica no taller para o desenvolvemento do enxeño, da inventiva, do pensamento orixinal e da imaxinación constructiva. Interpretación práctica didáctica de obras artísticas na historia.Soporte teórico-práctico e coñecemento da técnica no estudo do taller.
Traballos tutelados Guía de traballos de arte e saber ver no pensamento diverxente e creativo. Estudos creativos do debuxo e cor desde a didáctica trala explicación en clase de pautas de realización. Tutela da realización nas estruturas tridimensionales e nos traballos de volume creativo. Incorporación didáctica tutelada das tecnoloxías da información e da comunicación e de todos os novos métodos informáticos aplicables no aula a este nivel.
Prácticas externas Estímulo ao aire libre na xeración de novas ideas e conceptos artísticos, de novas asociacións entre ideas observadas e de conceptos coñecidos, como productores de solucións orixinais.Modelos de investigación e de creatividade intencionada nas prácticas externas. A investigación didáctica no referente á imaxinación na obra artística e a súa relación coa realidade do exterior.
Estudos/actividades previos Utilizar a realización de bocetos e estudos previos como mellora da obra práctica persoal e de progreso da didáctica: descubrimento de pautas estéticas na obra de arte e da súa transmisión ao alumnado.
Sesión maxistral Traballo didáctico e leccións maxistrales achega da produción de ideas, conceptos, descubrimentos novos, orixinais e útiles, estéticos.Estudo teórico e fundamentado da inventiva e didáctica nas nas Artes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000