Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe da lectura, escritura e cálculo
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

* Metodoloxías docentes que se manteñen; para o curso 2021-22 non hai modificacións significativas nas metodoloxías no tres escenarios docentes previstos, a única adaptación que é a relativa ao seu modo de execución . No posible escenario de ensino mixto ou semipresencial as metodoloxías levarán a cabo de modo presencial e virtual. Por outra banda no escenario de ensino a distancia , as metodoloxías previstas adaptaríanse a unha modalidade de execución virtual.

* Metodoloxías docentes que se modifican; non se modifica a dinámica propia de ningunha metodoloxía docente, fóra de como di o apartado anterior , a súa modalidade de execución , presencial ou virtual (no caso dun escenario mixto), e exclusivamente virtual (no caso dun escenario a distancia)

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías); No potencial escenario de docencia semipresencial , as sesións de titorización poderán realizarse de forma presencial ou no despacho virtual, baixo a modalidade de concertación previa e no horario que se estableza.
No caso dun escenario docente de modalidade a distancia , as titorizaciones realizaranse unicamente polos medios telemáticos mencionados.

* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir; non hai modificacións nos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: a bibliografía adicional será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia.

* Outras modificacións; Ferramentas para a docencia virtual. No escenario de docencia semipresencial nas aulas, a actividade docente virtual impartirase mediante o campus integra e utilizarase a plataforma de teledocencia como reforzo, sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non hai cambios nin nos instrumentos nin nos criterios de avaliación establecidos na guía docente ordinaria.

* Probas pendentes que se manteñen; todas as probas propostas na guía docente para as próximas convocatorias, mantéñense en calquera do tres modalidades previstas; presencial, mixta ou a distancia para o curso 21/22. Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final mantéñense para todo o alumnado. Os tipos de probas de avaliación tampouco se modifican no seu contido, pero si no seu tipo de execución no caso dos dous escenarios potenciais extraordinarios previstos. Asi no caso de estar nunha situación de ensino mixto ou semipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. De non ser posible realizalas presencialmente, combinaríase a modalidade presencial coa virtual ou soamente de forma virtual. si a situación de ensino é a distancia a avaliación realizarase de forma virtual.

* Probas que se modifican, non hai modificacións

* Novas probas non se prevén novas probas de avaliación

* Información adicional, non hai.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000