Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Matemáticas para mestres: Educación infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado AVALIACIÓN CONTINUA:

Avaliaranse os seguintes aspectos:
a) Participación na aula
b) Informes e outras producións escritas ou orais.
c) Exposicións orais ou dixitais.
d) Capacidade de traballo en equipo

O apartado b) avaliarase mediante algúns dos seguintes aspectos:

-Diferentes actividades propostas ao alumnado ao longo do curso da materia, para realizar individualmente nas sesións interactivas ou de forma autónoma.
-Traballos en grupo.

O apartado c) avaliarase mediante presentacións orais ou dixitais das producións relacionadas co apartado b).

Detallarase ó comezo da materia as actividades a entregar durante o cuatrimestre, o peso de cada unha dela s e as datas para entrega-exposición. Non se aceptarán traballos nin exposicións fóra de prazo.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
B6
B11
C33
C34
C35
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D18
D20
D21
Exame de preguntas obxectivas e) Exame obxectivo individual escrito de cuestións teóricas e resolución de problemas dos primeiros temas da materia

No apartado valorarase:

- A corrección nos razoamentos, cálculo e interpretación de resultados.
- A capacidade de expresión en matemáticas e en xeral na lingua.
- A capacidade para a representación e comprensión de figuras.
30
Exame de preguntas obxectivas f) Exame obxectivo individual escrito de cuestións teóricas e resolución de problemas dos últimos temas da materia.

No apartado valorarase:

- A corrección nos razoamentos, cálculo e interpretación de resultados.
- A capacidade de expresión en matemáticas e en xeral na lingua.
- A capacidade para a representación e comprensión de figuras.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten dereito  a ser avaliado (mediante un examen ou no modo no que se indique).
  • De non ter superada a materia na primeira convocatoria (maio-xuño), as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria (xuño-xullo).
  • As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

AVALIACIÓN CONTINUA - ALUMNADO ASISTENTE (1ª CONVOCATORIA):

  • Tódolos  estudantes que se presenten a algunha das duas probas parciais ou que realicen algunha das entregas de exercicios enténdese que seguen a materia de forma presencial e polo tanto deberán de seguir este procedemento de avaliación.
  • Se un estudante non realiza algunha de as entregas de exercicios ou de os traballos tutelados ou non se presenta a algunha das probas, asignaráselles unha cualificación de 0 puntos nelas.
  • Requisitos mínimos para superar a materia: 
    • Obter un mínimo en cada unha das partes de 4 punto (sobre 10)

    • Que a media ponderada de tódalas partes sexa maior ou igual a 5 (sobre 10).

AVALIACIÓN CONTINUA - ALUMNADO ASISTENTE (2ª CONVOCATORIA):

De non superar a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria. Conservarase a nota da avaliación continua para a segunda convocatoria e non se admitirán traballos nin exposicións fóra dos prazos establecidos.

AVALIACIÓN GLOBAL - ALUMNADO NON ASISTENTE  (AVALIACIÓN GLOBAL)

O alumnado non asistente que non se incorpore ós grupos de traballo das clases prácticas deberá demostrar a adquisición dos contidos e competencias traballados durante o curso respondendo a cuestións específicas sobre as referidas. Estas cuestións engadiranse ó exame de avaliación final. Deberá aprobarse o exame (5 sobre 10).

As competencias avaliaranse mediante a realización dun exame obxectivo individual escrito nas datas oficiais sinaladas pola Facultade (de 0 a 10). 

As datas oficiais dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames).

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000