Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe das ciencias sociais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos contidos da materia con apoio de material audiovisual e exemplos prácticos.
É necesario aplicar unha metodoloxía que fomente a participación activa e a motivación do alumnado, só deste modo a aprendizaxe adquire un carácter significativo. O profesorado xoga aquí un papel primordial, xa que ten que dinamizar a clase, crear un clima propicio de ensinanza-aprendizaxe, resolver dúbidas e dirixir ben e coordinar, sempre desde o respecto, todas as propostas de traballo. Ser aberto ás suxestións que poidan enriquecer a materia desde a perspectiva construtivista. É por iso importante a metodoloxía a seguir, cun diálogo fluído entre educador e educando.
No inicio faranse actividades introdutorias para todo o grupo-clase
- Avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como das súas inquedanzas.
- Presentación xeral da materia e a súa organización cun cronograma.
- Orientacións sobre a bibliografía.
Nas sesións de todo o grupo o procedemento é o seguinte:
-Síntese dos temas por parte do/a profesor/a, propiciando o diálogo permanente co alumnado e resolvendo todo tipo de dúbidas.
- Presentación de materiais básicos para o traballo de cada tema.
-Establecemento das pautas para a preparación xeral da materia, a análise das lecturas obrigatorias (principalmente artigos), a realización de traballos breves sobre un aspecto ou artigo interesante e a exposición de traballos.
-Organización e revisión das actividades individuais e grupais realizadas na aula e que serán sempre avaliadas polo docente.
-Organización e revisión das exposicións dos estudantes diante da clase.
Todas estas pautas teñen que servirnos para conseguir os obxectivos propostos na materia. Deben permitir unha atención individualizada, deben axudar a resolver dúbidas, a facer un seguimento do alumnado etc. Unha boa teoría susténtase nunha boa práctica, entendendo neste caso por práctica a metodoloxía que apliquemos.
Traballo tutelado Realización de exercicios propostos: cuestionarios, mapas conceptuais, lectura de textos e exposicións de ideas principais.
Elaboración de materiais cando se solicite.
Participación en grupos medios. Dividida a clase en dous grupos que irán alternándose, proporase en cada sesión traballos prácticos que gardan relación co tema teórico que se está a desenvolver, polo tanto, caracterizarase por:
-Traballo en profundidade dun tema (monográfico).
- Ampliación e relación dos contidos tratados nas sesións maxistrais.
- Lectura e comentario de textos.
- Visualización e comentario de material audiovisual.
-Elaboración de materiais didácticos co emprego das TIC (programas como PIPO, POTATOES), montaxes audiovisuais prácticos para a aula.
- Realización de experiencias prácticas de CCSS para desenvolver na aula de infantil: elaboración de maquetas, xogos e experiencias espazo-temporais, aplicación da literatura e música na comprensión do contorno; programar unha saída didáctica...
Estes traballos de aula serán revisados e puntuados.
Traballo tutelado Elaboración en grupo de diversas propostas de traballo: Traballo por proxectos, Unidades Didácticas, Traballos de investigación.
Dividíndose o gran grupo en grupos pequenos de 4-5 para a realización de traballos. Proporanse unha gran variedade de traballos a realizar, debendo o alumnado decantarse por algún. Despois procederase a titorizalos facilitando sempre a información necesaria e resolvendo dúbidas. Animando ao alumnado cando este se vexa con dificultades.
-Titorización individual e en grupos reducidos.
-Organización e revisión dos diferentes traballos e actividades realizados polos estudantes.
-Seguimento e apoio na realización de traballos.
-Entrevistas individuais para o seguimento individualizado do proceso de aprendizaxe.
A titorización sempre terá un carácter aberto e flexible a todo tipo de suxestións. Tamén debe preparar para as exposicións axudando en asesoramento de como debe realizarse.
Seminario Resolución de dúbidas e problemas e orientación sobre os conceptos, traballos de aula e traballos titorizados. Todas as cuestións relativas á materia, consultas, dúbidas, reclamacións... serán resoltas persoalmente nas horas de titoría evitando comunicacións por correo electrónico para evitar confusións.
Empregarase a ferramentea Moovi como medio de entrega de traballos e comunicación co alumnado.
Presentación Exposición de traballos en gran grupo onde se terá en conta a claridade da exposición, o material elaborado, a cohesión do grupo. É, sen dúbida, un dos aspectos máis interesantes da materia. É poñer en proba a dispoñibilidade do alumnado, a demostración de como se organizaron, como se distribuíron as tarefas, como se relacionaron e, en definitiva, é o cumio dunha tarefa complexa por varios motivos (polo propio traballo, pola colaboración, pola integración grupal...) e o principal é que todos eles deberon realizar un traballo que sexa viable a súa aplicación real e na exposición así debe reflectirse. Estas exposicións realizaranse nas sesións de gran grupo, xa que é importante que os seus compañeiros e compañeiras aprecien o traballo, en definitiva resulta ser unha "aprendizaxe entre iguais".
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000