Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe das ciencias sociais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Aprendizaxe das ciencias sociais Código O05G110V01601
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Constenla Vega, Xose
Correo-e xose.constenla@uvigo.es
Profesorado
Constenla Vega, Xose
Web
Descrición xeral Como se entende que en Infantil non se establece diferenciación de materias senón que a aprendizaxe concíbese de forma global é necesario que teñamos en conta este aspecto para ir introducindo as cuestións e contidos das Ciencias Sociais. Esta materia formaría parte, segundo o Decreto 330/2009, do 4 de xuño, no que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia da área do COÑECEMENTO DO CONTORNO. Por tal motivo, debemos aportar as ferramentas necesarias para que os futuros docentes saiban enfocala de forma práctica e dinámica e coa capacidade suficiente para elaborar recursos e técnicas de ensinanza-aprendizaxe así como que teñan uns coñecementos teóricos suficientes da súa didáctica. Sabemos que tratamos nunha etapa de profunda concreción polo que hai que ter en conta como o neno infantil percibe o contorno.
O futuro docente ten que ter claro que nestas idades aínda estamos nun período preconceptual onde as nocións do tempo e o espazo, no seu sentido abstracto, están fóra do alcance do neno e a representación dos obxectos e dos feitos van variando pola superposición doutros novos. O proceso cognitivo faise de forma global e a observación e manipulación xogan un papel esencial. As nocións de espazo e tempo están en relación co seu propio eu ou corpo e non distingue duración-pasado. Os ámbitos de socialización, os fenómenos diversos do contorno, a adquisición doutros aspectos sociais como os valores, a moral, a política...son viables na infancia pero hai que ter claro como son percibidos ou poden ser asimilados polos nenos e nenas de infantil.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000