O obxectivo fundamental desta materia é ofrecer ao alumnado unha visión metodolóxica sobre o ensino da lingua francesa nas aulas de infantil. Esta aproximación levarase a cabo a través de actividades prácticas. Unha vez superada a materia, o alumnado alcanzará o nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán
solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da
materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.