Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Español
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Lingua e literatura: Español Código O05G110V01507
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Lingua española
Coordinador/a
Fernández Bello, Pedro
Fernandez Martin, Patricia
Correo-e pfervelho@uvigo.es
patriciafernandezmartin@gmail.co
Profesorado
Fernández Bello, Pedro
Fernandez Martin, Patricia
Web
Descrición xeral A Lei Orgánica 8/2013 para a mellora da calidade educativa (LOMCE), no seu apartado sete, establece unha nova redacción para os fins da Educación Primaria na que as 'destrezas básicas' lingüístico-comunicativas encabezan a enumeración: "A finalidade da Educación Primaria é facilitar aos alumnos e alumnas as aprendizaxes da expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura, o cálculo, a adquisición das nocións básicas da cultura, e o hábito de convivencia así como...". No apartado Doce 3. instituye unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o terceiro curso de Educación Primaria na que se comprobará "o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática". Así mesmo, o apartado Trece 1. fixa unha segunda avaliación ao finalizar o sexto curso, "na que se comprobará o grao de competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como o logro dos obxectivas da etapa".
En consecuencia, o novo contexto normativo instaurado pola LOMCE adscribe á linguaxe un papel de primacía pola transcendencia das súas dimensións transversais, xa que a lingua é un elemento constitutivo das competencias de reflexión avanzadas e un prerrequisito para unha aprendizaxe dos contidos das diferentes disciplinas. Ademais, ao cambiar os horizontes de expectativas nos resultados a alcanzar nas avaliacións de Educación Primaria, indirectamente impón esixencias de transformación nas pautas de ensino-aprendizaxe da linguaxe e as linguas na educación infantil. Dito doutro xeito, os discentes da educación fundamental deberán adquirir sobre todo aquelas destrezas básicas que, como futuros profesionais, perfeccionarán nas clases para conseguir os obxectivos inherentes ao ensino-aprendizaxe desta materia: competencia en comunicación oral (especialmente decisiva na etapa da Educación Infantil), lectura e escritura, é dicir, progreso constante na análise-interpretación e produción de textos orais e escritos.
En calquera caso, a asunción dun enfoque comunicativo-textual e a relevancia outorgada ao papel da linguaxe non prexulga o modelo teórico subxacente da concepción da lingua: As bases teóricas que parecen inspirar os novos textos normativos non se despegan, polo menos nalgúns aspectos relevantes, de tópicos propios de modelos cognitivos de inspiración psicoxenética ou computacionalista, de escaso predicamento no actual deseño de currículos de excelencia. Así, o RD 126/2014 polo que se establece o currículo básico da Educación Primaria, non concreta o tempo diario de lectura no artigo 9.2. (coa previsible irrelevancia desta dimensión imprescindible das competencias básicas nos desenvolvementos curriculares autonómicos) e, en última instancia, devalúa perigosamente as competencias culturais ao non garantir a obrigatoriedade da educación artística (decisións insólitas nun modelo cognitivista de última xeración). En fronte, relativamente, sitúanse programas curriculares que non só converten as destrezas básicas da linguaxe no macroeixo transversal, como os currículos franceses ou noruegueses, senón que fan da 'aproximación cultural' o norte da formación de docentes, como sucede no Quebec. Nos programas con primacía dos enfoques socioculturais atoparemos máis facilmente experiencias pedagóxicas características, como a pedagoxía do texto ou a lectura dialogada.
Guiaranos un modelo de ensino-aprendizaxe da lingua e literatura decisivamente integrador, que, ademais dun enfoque comunicativo-textual coa énfase no desenvolvemento das destrezas básicas e das outras dimensións transversais (xéneros de texto, tipos de discurso, funcións discursivas), quere pór o acento, con todo, nunha visión 'cultural' do currículo e da lingua porque entendemos que o docente, no desempeño das súas funcións ha de actuar como profesional herdeiro, crítico e intérprete de obxectos, de saberes ou de cultura nas súas dimensións identitaria e universal. Ademais, a lingua materna (e/ou a lingua de ensino) non é só unha lingua de comunicación, senón que é un legado que nos actualiza. Aprendémola obviamente para comunicar, aínda que a aprendemos sobre todo para poder relatarnos a nós mesmos e alcanzar, cando non a creación literaria, polo menos esta forma da liberdade que é o pensamento.
En calquera caso, a bildung (que poderiamos interpretar como formación integral), no dominio do ensino literario, defínese principalmente, nos documentos do Consello de Europa, polas posibilidades de implicación e participación dos discentes na vida cultural e artística. Nos últimos anos, a socialización por medio da literatura demostrou que esta favorece moito as competencias xerais de lectura e, dun modo decisivo, a motivación para ler. Por iso, a formación literaria non só implica coñecementos teórico-prácticos da tradición literaria, dos xéneros literarios e dos aspectos formais senón tamén iniciación dos estudantes na lectura da literatura para poder gozar dela e desenvolver os hábitos de lectura en xeral.
Para contextualizar e posibilitar o logro destes obxectivos articúlase un tema introductorio sobre a concepción e o papel da linguaxe nos programas de excelencia educativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000