Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios -Elaboración dun comentario (dun texto narrativo ou dun texto poético). 30
Traballos tutelados -Elaboración dun texto creativo (un soneto, un conto ou unha reflexión ensaística). A modalidade debe ser distinta da que se elixiu para o comentario.
30
Sesión maxistral Asistencia e participación 10
Outras -Exame. Breve resumo dos fitos principais da literatura galega.
-Breve reflexión escrita a partir dalgunhas lecturas de clásicos da literatura galega.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CALENDARIO DE EXAMES

Primeira Convocatoria:

-Presentación dos Comentarios e dos Textos Creativos: data límite 9 de xaneiro de 2015

-Exame final: 9 de xaneiro de 2015,16´00 h.


Segunda Convocatoria:

-Presentación dos Comentarios e dos Textos Creativos: data límite 30 de xuño de 2015

-Exame final 2ª Convocatoria: 30 de xuño de 2015, 12´00 h.


ORIENTACIÓNS AO ALUMNADO

O exame final será obrigatorio para todos. O mínimo acadado nesa proba para poder sumar as notas obtidas nos traballos de curso é de 4 puntos.

Os alumnos que non asistan a clases terán que facer os mesmos traballos que os asistentes, e obter, como mínimo, un 5 no exame.

As actividades/competencias /probas non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na segunda convocatoria. Consérvanse as puntuacións previamente conseguidas.

A segunda convocatoria consistirá nun exame teórico-práctico. A cualificación mínima: 5.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000