Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Galego
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil
B3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do estudantado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos
B6 Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión
C43 Favorecer as capacidades de fala e de escritura.
C44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
C45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
C46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
C48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
C50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
C51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita
D6 Capacidade de xestión da información
D7 Resolución de problemas
D8 Toma de decisións
D9 Traballo en equipo
D11 Habilidades nas relacións interpersoais
D12 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
D13 Razoamento crítico
D14 Compromiso ético
D15 Aprendizaxe autónoma
D16 Adaptación a novas situacións
D17 Creatividade
D18 Liderado
D19 Coñecemento doutras culturas e costumes
D21 Motivación pola calidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000