Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación física e a súa didáctica na idade infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Deseño e posta en práctica dunha sesión de motricidade dirixida ao alumnado da educación infantil. Partirase dos criterios de avaliación e contidos do currículo, utilizaranse diferentes recursos didácticos, e xestionaranse os tempos, espazos, materiais e a formación de grupos. 30 B1
B2
B3
B11
C21
C23
C53
C54
C55
C56
C59
C60
C61
C63
D2
D3
D8
D9
D13
Traballo tutelado Presentación definitiva da sesión, propoñendo as modificacións oportunas en base ás coavaliacións dos compañeiros/as e á propia
autoavaliación unha vez implementada a sesión. O traballo completarase cunha proposta de avaliación e o deseño de cinco novas actividades ou tarefas motrices que formarían parte da mesma unidade didáctica na que se encadra a sesión presentada.
20 B1
B2
B3
B11
C21
C23
C53
C54
C55
C56
D2
D3
D8
D9
D13
Aprendizaxe colaborativa Entrega das gravacións e actas das reunións de traballo colaborativo.
As persoas que integran cada grupo de traballo deberán adoptar unha serie de
roles e funcións que serán rotativos.
20 C21
D2
D3
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúe preguntas pechadas con diferentes
alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple,
emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta
entre un número limitado de posibilidades.
30 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C9
C12
C13
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C23
C24
C25
C26
C27
C29
C32
C40
C41
C43
C44
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C59
C60
C61
C62
C63
C64
C65
C66
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para o alumnado non asistente ou que non alcance o 85% da asistencia ás horas B da materia, o exame terá un valor do 60% e a presentación de traballos suporá o 40% (20% proba "traballo tutelado" e 20% proba "aprendizaxe colaborativo"). Ademais, estas persoas non asistentes ou que non asistan ao mínimo de sesións obrigatorias establecidas realizarán unha proba de tipo práctico que permita comprobar a adquisición das competencias correspondentes (proba: "presentación"). Serán cualificadas como aptas ou non aptas nesta proba.

Tanto na modalidade de avaliación continua como na modalidade de avaliación global, para superar a materia é requisito superar cada unha das probas establecidas en devandita modalidade (a cualificación mínima esixida é de 5 sobre 10 nas diferentes probas de avaliación). Unicamente a proba "aprendizaxe colaborativo" non terá cualificación mínima esixida.

A cualificación final da materia (obtida a partir de todas as probas establecidas anteriormente, independentemente da esixencia ou non de cualificación mínima) será a seguinte:

  • 0-4,9: suspenso (SS)
  • 5,0-6,9: aprobado (AP)
  • 7,0-8,9: notable (NT)
  • 9,0-10: sobresaliente (SB)

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto, como aprobadas nese curso académico.

Naqueles casos extraordinarios nos que un alumno/a supere todas as probas que requiren unha cualificación mínima esixida, pero non alcance o 5 na cualificación final da materia, poderá realizar na 2ª oportunidade algunha proba xa superada na 1ª co obxectivo de poder superar a materia.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo "datas exames".

En coherencia coa carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptarase para o estudantado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Se abrirá un cartafol específico na plataforma Moovi, na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para estudantes do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000